Inscripciones
Toda persoa que desexe participar no 32º Rallye San Froilán deberá remiti-la solicitude de inscrición, debidamente cumprimentada, á secretaría do Rallye, sita en:
ESCUDERIA MIÑO – LUGO , C/ Divina Pastora 2, baixo 27004- LUGO
Tel. 982 81 22 90 - Fax 982 81 22 91
ANTES DAS 20,00 h. Do DIA 26 DE AGOSTO DE 2.010
Descargar boletín de inscripción
Descargar boletín compartir asistencia
Os datos relativos ó copiloto poden ser completados ata o día 26 de agosto de 2010. O nº de inscritos fíxase nun máximo de 150 vehículos. Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos de calquera das formas seguintes: Na secretaría da proba Na conta corrente nº 2080-0358-09-0040025007 de CAIXANOVA . Non se admitiran inscricións condicionadas, unha vez superado o número de inscritos fixado como máximo. A orden de recepción da Solicitude de Inscrición, así como dos Dereitos de Inscrición, será o determinante para a inclusión na Lista de Inscritos, a os efectos de determinar os 150 equipos. Dereitos de Inscrición - Seguros
Os dereitos de inscrición fíxanse en: 330,00 € aceptando a publicidade facultativa proposta polos Organizadores. 660,00 €. Refusando esta publicidade. A solicitude de inscrición non se aceptará se non vai acompañada dos dereitos de inscrición. Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo. Os dereitos de inscrición tan só serán reembolsados ós equipos no caso de que as súas inscricións sexan rexeitadas, ou no caso de que a proba non se celebrara. En ningún outro caso serán devoltos.