Pedro Burgo, gañador do XXX Rallye Internacional San Froilán

Foto de noticia

O piloto da Escudería Ferrol, Pedro Burgo, conducindo un Mitsubishi Lancer Evo VIII, proclamouse vendedor do XXX Rallye San Froilán organizado pola Escudería Miño no que o lucense Sergio Vallejo quedou segundo pilotando outro Lancer Evo VIII.

O piloto da Escudería Ferrol, Pedro Burgo, conducindo un Mitsubishi Lancer Evo VIII, proclamouse vendedor do XXX Rallye San Froilán organizado pola Escudería Miño no que o lucense que competía pola Escudería Ourense Sergio Vallejo quedou segundo pilotando outro Lancer Evo VIII. O podium encabezado por Burgo e Vallejo completouse co terceiro posto acadado por Pablo Rey Vázquez, de Ferralla Lois, aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo IX

O XXX Rallye Internacional San Froilán, celebrado entre o 5 e o 7 de setembro, constou de dez tramos organizados en catro seccións: Queizán (O Corgo), Láncara e Ribas de Miño (Guntín-Lugo), na primeira e segunda seccións cun total duns 30 kilómetros; Begonte e Santo Tomé (Outeiro de Rei), na terceira e cuarta seccións con algo máis de 22 kilómetros.

NoticiaA proba comezou o día 5 coas correspondentes verificacións ás que seguiu unha xornada de competición que se extendeu desde as 8.00 da mañá ata as 2.30 da madrugada, para rematar ao día seguinte, o domingo 7 de setembro, coa entrega de trofeos.


Esta 30ª edición do Rallye San Froilán contou co apoio das institucións patrocinadoras Área de Deportes da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, a fundación Deporte Galego, o Concello de Lugo e a Federación Galega de Automobilismo. Ademáis esta proba contou coa colaboración do Xacobeo, de diversas empresas e dos concellos polos que transcurriu a proba que son: O Corgo, Outeiro de Rei, Láncara, Begonte e Guntín. También contou co respaldo da plataforma en internet Galiciadixital.com.

NoticiaComo avanzou o día da presentación da proba o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antón Bao, “dende a miña responsabilidade como vicepresidente da Deputación e, concretamente, dende a Área de Deportes imos a apoiar todas aquelas actividades e competicións que se organicen comarcalizadamente, optimizando os recursos existentes e facendo coparticipes aos concellos e aos axentes sociais e económicos da zona”.