Regulamento


Descargar Regulamento

Botón descarga reglamento

      

Organización

 

Definición:

A Escudería Miño - Lugo organiza o 31º Rallye San Froilán que se desenrolará desde o día 4 de setembro ó día 6 de setembro do ano 2009.

Este Rallye disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2009, as prescricións comúns para Rallyes, o regulamento xeral, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), as prescricións xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas F.I.A., no seu caso, as condicións de organización comúns ós Campionatos do Mundo, de Europa e de España de Rallyes e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo o día .

 

Puntuabilidade

 

31º Rallye San Froilán é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:

 

Campionato de Galicia de Rallyes sobre Asfalto (Grupos N, A e X), con coeficiente 8.

Copa de Galicia de Rallyes para Pilotos (Grupos N, A e X).

Copa de Galicia de Rallyes para Navegantes (Grupos N, A e X).

Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "N".

Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "A".

Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "X".

Copa de Galicia de Rallyes para Escudarías (Grupos N, A e X).

Copa de Galicia de Rallyes para Marcas (Grupos N e A).

Volante RACC – Galicia 2009.

X Trofeo de Rallyes Driver Center de Galicia.

Trofeo Sprint KentesASR.

Trofeo Racing KentesASR.

Trofeo Curuxarallye

 

Descrición do Rallye

 

31º Rallye San Froilán consta dun percorrido de 508,150 Kms., dos cales 100,965 Kms. corresponden a 9 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en unha Etapas e catro seccións. O Itinerario - Horario figura no Anexo III do presente Regulamento. No carné de Control, e no Libro de Ruta constan detallados o percorrido, Etapas e Seccións así como os controis horarios, controis de paso, neutralizacións e reagrupamentos. O rallye contará con 5 parques de asistencia.

 

Vehículos admitidos

 

Nos Rallyes puntuables para o Campionato de Galicia serán admitidos os vehículos correspondentes ós grupos "N" e "A" do vixente Anexo "J" do Código Deportivo Internacional, de acordo coa normativa dictada pola F.I.A. Admitiranse os vehículos do Grupo "X", segundo a normativa da F.G. de A. Ós efectos de puntuación, os vehículos admitidos dividiranse nas seguintes clases de cilindrada:

 

 

Grupo “N” :

Clase 1 ... Ata 1.300 c.c.

Clase 2 ... De mais de 1.300 ata 1.600 c.c.

Clase 3 ... De mais de 1.600 ata 2.000 c.c.

Clase 4 ... De mais de 2.000 c.c.

 

Grupo “A” :

Clase 5 ... Ata 1.000 c.c.

Clase 6 ... De mais de 1.000 c.c. ata 1.300 c.c.

Clase 7 ... De mais de 1.300 c.c. ata 1.600 c.c.

Clase 8 ... De mais de 1.600 c.c. ata 2.000 c.c.

Clase 9 ... De mais de 2.000 c.c.

 

Grupo “X” :

Clase X]11 ... Ata 1.300 c.c.

Clase X]12 ... De mais de 1.300 c.c. ata 2.000 c.c.

Clase X]13 ... De mais de 2.000 c.c.

A tódolos efectos, considérase constituída unha clase, coa saída dun so vehículo.

 

 

Concursantes admitidos

 

Para participar nos Campionatos e Copas de Galicia estarase ó disposto no anexo I do

Anuario Deportivo 2009 publicado pola Federación Galega de Automobilismo.

 

Recoñecementos

 

Os recoñecementos Oficiais / libres efectuaranse os días 28, 29 e 30 de agosto de 2009, segundo o criterio que terá que establecer o Comité Organizador.

 

Os recoñecementos quedan limitados a un máximo de TRES pasadas por Treito Cronometrado.

A primeira infracción será penalizada con 5 minutos mais unha sanción económica de 300 Euros, o inicio da Proba, a criterio exclusivo do Colexio de Comisarios Deportivos.

A segunda infracción se penalizará con “NON AUTORIZADO A TOMA-LA SAÍDA”, ratificada polo Colexio de Comisarios Deportivos.

Por incorrer nunca infracción nos puntos 9.2.1 e 9.2.2 será obrigatorio dar traslado ó Tribunal Galego de Apelación, para apertura e incoación do Expediente Disciplinario no seu caso.

 

Si unha Escudería fai un Treito Cronometrado, na mesma Tempada, non se poderá utiliza-lo mesmo Treito por outra Entidade Organizadora.

 

Só se poderá efectuar os Recoñecementos dos Treitos Cronometrados un día por cada equipo participante, a escoller de entre os tres días designados polo Comité Organizador, e que será solicitado por Fax polo participante ó Comité Organizador para que quede constancia, e así poder dividir 150 participantes nos tres días. Así mesmo,cada equipo terá que notificar ó Comité Organizador, a marca, modelo e matrícula do vehículo que utilizará para os citados recoñecementos.

 

A velocidade máxima nos Treitos a recoñecer, será en función das limitacións /sinais que existan no mesmo.

 

Pola Federación Galega de Automobilismo notificárase ós Subsectores da Garda Civil de Tráfico, para seguir un control rigoroso, e conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenrolo do texto articulado da Lei sobre Tráfico, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa para adopta-las medidas federativas que no seu caso procedan.

 

O Comité Organizador designará un Comisario / Controlador, que informará e fará parte dos incumprimentos ó Comité Organizador, con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da Proba

 

A Federación Galega de Automobilismo designará outro Comisario / Controlador, cos mesmos poderes e atribucións que o do punto anterior.

 

Entregaranse unhas pegatinas transparentes e numeradas (de cor Branco) que terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha), dos vehículos que fagan os recoñecementos autorizados. A falla dela, transitando polo Treito, implicará a descalificación a tódolos efectos (con perda dos Dereitos de Inscrición) para a súa participación na proba, do vehículo infractor.

 

Será obrigatorio para os participantes, deterse xunto os controladores de cada treito, para selar o seu carné de recoñecementos. No caso de non facelo darase traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da Proba, que determinarán a sanción a impoñer.

 

Hora oficial do Rallye

 

Durante o transcurso do Rallye, a hora oficial será a emitida polos Cronómetros da F.G. de Automobilismo.

 

Penalizacións

 

As penalizacións son as previstas no Regulamento -Tipo Xeral de Rallyes da Federación Galega de Automobilismo, publicado no Anuario 2009.

 

Autorízase a entrada por adianto no C.H. de fin da 2ª Sección (parque pechado intermedio) e no C.H de final do Rallye, no Parque Pechado de Lugo.

 

Premios e trofeos


Os Premios e Trofeos que se entregarán serán os seguintes :

 

 CLASIFICACIÓN XERAL SCRATCH
2.100,00 €uros e trofeo
1.500,00 €uros e trofeo
1.200,00 €uros e trofeo
900,00 €uros e trofeo
700,00 €uros e trofeo
550,00 €uros e trofeo
420,00 €uros e trofeo
300,00 €uros e trofeo
220,00 €uros e trofeo
10º 160,00 €uros e trofeo

CLASES Vehículos Grupos “N”, “A” e “X”
200,00 €uros e Trofeo
160,00 €uros
120,00 €uros
ESCUDERÍAS
Trofeo

 

 Ao remate da proba tras chegar ó Parque pechado de fin de Rallye, por motivos publicitarios e co fin de facilitar a labor dos medios de comunicación, os tres primeiros da clasificación scracht acompañados por comisarios do parque pechado, desprazaranse hasta a entrada do C.C. As Termas donde se fará unha simulación de entrega de trofeos. A todos os efectos considerárase parte integrante do Parque Pechado, e posteriormente desprazaranse para efectuar as verificacións finais.

 

 

 

Os parques de traballo figuran no regulamento da proba e no libro de ruta, e quedan prohibidas todas asistencias nos enlaces.

 

No parque de asistencia só se permitirá a entrada de un vehículo de asistencia por cada participante que deberá situarse no lugar que lle adxudique a organización.

 

No caso de equipos que compartan asistencia, deberán comunica-lo á Organización no momento de facer a solicitude, e esta procurará sitúa-los coches xuntos, non permitindo, en ningún caso, cambiar posteriormente a situación do vehículo de asistencia do lugar que lle fora adxudicado.

 

Para permanecer dentro da zona de asistencia será obrigatorio ter a acreditación que lle entregará a Organización no momento de aceptar esta inscrición, e leva-la colocada nun lugar visible.

 

A todo vehículo de asistencia que abandone o parque de traballo, non se lle permitirá volver a entrar no mesmo.

 

Vehículos “ouvreur”

 

Non se autorizarán os vehículos “ouvreur”

 

Servizo de grúas

 

 

O servizo de grúa será gratuíto para retirar os vehículos participantes hasta fóra dotreito de velocidade (saída ou meta), correndo por conta do participante calquera ampliación do servizo prestado que deberá negociar co responsable da grúa.

Só se retirarán os vehículos accidentados ou avariados unha vez rematada a
derradeira pasada polo treito de velocidade. No caso de que algún vehículo accidentado ou avariado impida o paso polo treito de velocidade, a criterio do xefe de treito, será retirado pola grúa hasta o lugar mais próximo onde non interrompa o paso, sendo retirado definitivamente o final da derradeira pasada po lo tramo.