Inscricións

 

Boletín de InscriciónDescargar Boletín de Inscrición participante Boletín inscripción asistenciasDescargar Boletín de Inscrición Asistencia

Solicitude de inscrición - Inscricións


Toda persoa que desexe participar no 30º Rally Internacional San Froilán deberá remitir a solicitude de inscrición, debidamente cumprimentada, á secretaría do Rally, sita en:


ESCUDERIA MIÑO – LUGO , C/ Divina Pastora 2, baixo 27004- LUGO

Tel. 982 81 22 90 - Fax 982 81 22 91

ANTES DAS 20,00 h. Do DIA 28 DE AGOSTO DE 2.008



Os datos relativos ó copiloto poden ser completados ata o día 28 de agosto de 2008.

 

O nº de inscritos fíxase nun máximo de 150 vehículos.

Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos de calquera das formas seguintes:

.- Na secretaría da proba

.- Na conta corrente nº 2080-0358-09-0040025007 de CAIXANOVA .

Admitiranse Inscricións condicionadas, unha vez superado o número de inscritos fixado como máximo.

A orden de recepción da Solicitude de Inscrición, así como dos Dereitos de Inscrición, será o determinante para a confección da Lista de Inscritos.

 

 

Dereitos de Inscrición - Seguros

 

Os dereitos de inscrición fíxanse en:


7.1.1.- 330,00 aceptando a publicidade facultativa proposta polos Organizadores.
7.1.2.-
660,00 . Refusando esta publicidade.

 

A solicitude de inscrición non se aceptará se non vai acompañada dos dereitos de inscrición.

7.3.- Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo.

7.4.- Os dereitos de inscrición tan só serán reembolsados ós equipos no caso de que as súas inscricións sexan rexeitadas, ou no caso de que a proba non se celebrara. En ningún outro caso serán devoltos.