Os recoñecementos Oficiais / libres efectuaranse os días
10 / 11 e 12 de novembro de 2006, segundo o criterio que terá
que establecer o Comité Organizador.
Os recoñecementos quedan limitados a un máximo de TRES
pasadas por Treito Cronometrado.
A primeira infracción será penalizada con 5 minutos mais
unha sanción económica de 300 Euros, o inicio da Proba,
a criterio exclusivo do Colexio de Comisarios Deportivos.
A segunda infracción se penalizará con “NON AUTORIZADO
A TOMA-LA . SAÍDA”, ratificada polo Colexio de Comisarios
Deportivos.
Por incorrer nunca infracción nos puntos 9.2.1 e 9.2.2
será obrigatorio dar traslado ó Tribunal Galego de Apelación,
para apertura e incoación do Expediente Disciplinario no
seu caso.
Si unha Escudería fai un Treito Cronometrado, na mesma
Tempada, non se poderá utiliza-lo mesmo Treito por outra Entidade
Organizadora.
Só se poderá efectuar os Recoñecementos dos Treitos Cronometrados
un día por cada equipo participante, a escoller de entre os
tres días designados polo Comité Organizador, e que será solicitado
por fax polo participante ó Comité Organizador para que quede
constancia, e así poder dividir 150 participantes nos tres
días. Asi mesmo,cada equipo terá que notificar ó Comité Organizador,
a marca, modelo e matrícula do vehículo que utilizará para
os citados recoñecementos.
A velocidade máxima nos Treitos a recoñecer, será en función
das limitacións / sinais que existan no mesmo.
Pola Federación Galega de Automobilismo notificárase ós
Sub-Sectores da Garda Civil de Tráfico, para seguir un control
rigoroso, e conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro,
polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para
a aplicación e desenrolo do texto articulado da Lei sobre
Tráfico, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990 de
2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das
denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa
para adopta-las medidas federativas que no seu caso procedan.
O Comité Organizador designará un Comisario / Controlador,
que informará e fará parte dos incumprimentos ó Comité Organizador,
con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos
da Proba.
A Federación Galega de Automobilismo designará outro Comisario
/ Controlador, cos mesmos poderes e atribucións que o do punto
anterior.
Entregaranse unhas pegatinas transparentes e numeradas
(de cor Branco) que terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro
(lado dereito superior no sentido da marcha), dos vehículos
que fagan os recoñecementos autorizados. A falla dela, transitando
polo Treito, implicará a descalificación a tódolos efectos
(con perda dos Dereitos de Inscrición) para a súa participación
na proba, do vehículo infractor.
Hora oficial do Rally
Durante o transcurso
do Rally, a hora oficial será a emitida por Telefónica no
número 1093.
Penalizacións
As penalizacións son as previstas no Regulamento-Tipo Xeral
de Rallys da Federación Galega de Automobilismo, publicado no
Anuario 2006.
Autorízase a entrada por adianto no C.H. de fin de rally,
no Parque Pechado de Lugo.
Premios e trofeos
Os premios y trofeos que se entregarán serán os seguintes: CLASIFICACIÓN XERAL “SCRACHT”
1º 1.400 ¤ e Trofeo.
2º 900 ¤ e Trofeo.
3º 700 ¤ e Trofeo
4º 550 ¤ e Trofeo
5º 420 ¤ e Trofeo
6º 300 ¤ e Trofeo
7º 220 ¤ e Trofeo
8º 160 ¤ e Trofeo
9º 120 ¤ e Trofeo
10º 100 ¤ e Trofeo
O pago dos premios en metálico efectuarase, mediante transferencia
bancaria que será realizada dende o día 24 de Novembro de 2006
ata o día 28 de novembro de 2006. Para elo será de obrigatorio
cumprimento cubrir no boletín de inscrición, o apartado previsto
para os datos da entidade bancaria e conta de abono dos premios.