rallye de lugo

Rallye Cidade de Lugo : Reglamento

TABOLEIRO OFICIAL DE AVISOS.

Dende o día 3 de novembro de 2006 as 10 horas, ata o día 17 de novembro de 2006 as 15 horas estará situado na Oficina Permanente do Rally, emprazada en: C/ Divina Pastora, 2 Baixo. 27004 LUGO. Dende o día 17 de novembro de 2006 as 15 horas, ata o día 19 de novembro de 2006 as 24 horas estará situado na Oficina Permanente do Rally, emprazada en: Pazo de Feiras e Exposicións.

PUNTUABILIDADE

O 28º Rally Cidade de Lugo é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:
  • Campionato Galego de Rallys 2006.(Grupo N, A y X) Coef. 6
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para pilotos. (Grupo N, A y X)
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para navegantes. (Grupo N, A y X)
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para marcas. (Grupo N y A)
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para grupo N
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para grupo A
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para grupo X
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para Escuderías (grupo N, A y X)
  • Copa de Galicia de Rallys 2006 para Marcas (grupo N, y A)
  • Volante RACC Galicia 2006
  • VII Trofeo Driver Center de Rallys de Galicia
  • V Trofeo 1000 Autopark de Galicia

Descrición rallys

O 28º Rally Cidade de Lugo consta dun percorrido de 388,575 Kms., dos cales 92,925 Kms. corresponden a 9 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en unha Etapas e tres seccións.
O Itinerario-Horario figura no Anexo III do presente Regulamento. No carné de Control, e no Libro de Ruta constan detallados o percorrido, Etapas e Seccións así como os controis horarios, controis de paso, neutralizacións e reagrupamentos.


Vehículos admitidos

Nos rallys puntuables para o Campionato de Galicia serán admitidos os vehículos correspondentes ós grupos "N" e "A" do vixente Anexo "J" do Código Deportivo Internacional, de acordo coa normativa dictada pola F.I.A.

Admitiranse os vehículos do Grupo "X", segundo a normativa da F.G. de A. Ós efectos de puntuación, os vehículos admitidos dividiranse nas seguintes clases de cilindrada:

GRUPO N
  • CLASE 1 - Ata 1.300 c.c.
  • CLASE 2 - De 1.301 ata 1.600 c.c.
  • CLASE 3 - De 1.601 ata 2.000 c.c.
  • CLASE 4 - de máis de 2.000 c.c.
GRUPO A
  • CLASE 5 - Ata 1.000 c.c.
  • CLASE 6 - De 1.001 ata 1.300 c.c.
  • CLASE 7 - De 1.301 ata 1.600 c.c.
  • CLASE 8 - De 1.601 ata 2.000 c.c.
  • CLASE 9 - De máis de 2.000 c.c.
GRUPO X
  • CLASE X-11 - Ata 1.300 c.c.
  • CLASE X-12 - De 1.301 ata 2.000 c.c.
  • CLASE X-13 - De máis de 2.000 c.c.
A tódolos efectos, considérase constituída unha clase, coa saída dun so vehículo.

Publicidade

A publicidade proposta polo Organizador será a seguinte:
  • A ­ Obrigatoria. Por determinar
  • B - Facultativa. Por determinar


-Os concursantes que acepten a publicidade facultativa proposta polos organizadores deben reserva-los emprazamentos seguintes:

Aletas traseiras 25 x 25 cms.

Sitio desarrollado por Interdix Galicia, S.L.